01 junio 2007

SOS Courel




Se sale de lo que suelo publicar, pero es una buena causa:


Ante o consenso de alomenos os 3 partidos políticos parlamentarios, para arrasar o Espazo Cultural do Courel, o territorio de maior biodiversidade da Galiza, aproveitando o despoboamento intencionado, nontemos máis remedio que pedir máis axuda.


A Xunta de Galicia, na mesma liña que o anterior Goberno, vai declarar xa, unha miniatura de Parque Natural no Courel, só a efectospropagandísticos, para disimular a inminente autorización, de catronovas macro canteiras no Lor e Ferreririño, cando no Courel xa hai máisde unha ducia delas. Por iso nós, a “Asociación Ecolóxico-Cultural SOS Courel”, veciños do concello de Folgoso Courel, pedimos axuda urxente para que a Xunta deGalicia declare Parque Natural ao C o u r e l, de inmediato; incluíndodentro, como mínimo, as cuncas íntegras dos ríos Lor_Louzara, Selmo,Soldón e Ferreiriño; e que se libre o territorio conformado por todaselas, de todo tipo de impactos e concesións incompatibles, comocanteiras, eólicos, centrais hidroeléctricas, vertedoiros, ...

O territorio que nós esiximos como Parque Natural, supón alomenos un 1/3da Serra Courelá, do conxunto montañoso que se estende entre os Ancarese a Ribeira Sacra (Sil), e entre as chairas de Monforte e Sarria ata oBierzo. Os 2/3 restantes seguirán sendo aniquilados, se ninguén oremedia, de forma brutal polas máis de 12 macro canteiras que traballanna zona de Pacios-Vilarbacú e Selmo Leones-Montouto (en parte, antigosterritorios do noso Concello).

A proposta que fai a Xunta de Galicia é de menos de 1/7 do conxuntomontañoso Courelá. Deixa fora a cunca enteira do río Ferreiriño (onde sesitúa o Pregue Tumbado do Courel ) e a metade sur da cunca do Lor, parainstalar xa, 3 novas canteiras e autorizar a canteira “Campa-SantaEufemia”, que segue a funcionar a pesar dunha orde de peche do 2002,confirmada polos Tribunais de Xustiza.

A proposta da Xunta de Galicia é un completo timo, deixa fóra lugarestan emblemáticos como Froxán, Vilar, Vilamor, Santa Eufemia, PregueTumbado de Campodola, ..... A metade sur da cunca do Lor, chea decanteiras, impactará de forma grave sobre a metade norte. Téñase enconta a disposición totalmente rectilínea do Canón do Lor, o camiñonatural e fiestra entre os Ancares e a Ribeira Sacra.Esta canteira, “Campa-Santa Eufemia”, que ocupa un Espacio Naturaldeclarado en 1989-1990, no medio da cunca do Lor, vai ser legalizada dexeito inminente en base a unha Declaración de Impacto Ambiental que noncontempla, entre outras moitas cousas, a ocupación do río Loruda polapropia explotación. Esta é unha canteira “Imposible”, acurralada polossoutos, aldeas, ríos e a estrada comarcal. Se nos atemos a legalidade vixente, a canteira, “Campa-Santa Eufemia”,terá que ser clausurada. Se acontecera despois da autorización do Consello da Xunta, terá que ser indemnizada a empresa, con Fondos Públicos, en cifras astronómicas.

Polo tanto nos esiximos ás Administracións que se lle dea alternativa deinmediato, sen chantaxes e sen traumas, aos traballadores destacanteira, suxerimos:

A) Que, tal e como pediron algúns sindicatos, se orzamentedende o Goberno do Estado un plan para equiparar aos mineiros da Pedrade Galiza aos do resto da minaría e así poder adiantar a idade dexubilación voluntaria, co fin de evitar algunhas doenzas profesionais.Isto permitiría recolocar aos especialistas da pedra.

B) Para conservar e restaurar o patrimonio natural e culturaldo Courel, necesítase crear un mínimo de 150 postos de traballo, aos quese debe destinar un mínimo de 3 millóns de euros anuais, cifra inferioraos Fondos Europeos que nos corresponden pola Rede Natura, por ser zona de Montaña e por ser zona desfavorecida. Como exemplo, O Principado deAsturias investirá no Parque Natural de Somiedo 7,7 millóns de euros no2007.

¿ Que podes facer ti para axudar ?

Recollida de sinaturas. Imprime nun folio o documento que vaidirixido “Ao Presidente da Xunta de Galicia”, que podes baixar doseguinte enlace da páxina de Adega de Lugo (en Galego, Castellano ouInglés), asínao, e se podes, recolle sinaturas entre os teus familiarese amigos.

Tamén podes personalizar o texto das sinaturas para unhaasociación ou institución (báixao de WORD), substituíndo “... os queabaixo asinamos” polo nome da mesma. - Se vas recoller moitas, podes imprimilo polas dúas caras.Recorda que cada folio debe levar sempre o “texto ” que se adxunta, nunha das caras.-

As sinaturas recollidas mándaas por correo, preferiblementecertificado se podes, á “Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32,Folgoso do Courel, 27327 Lugo.”

Ou, se tes tempo e te queres implicar máis, entrega o orixinalno Rexistro Público máis cercan, e que che selen unha copia. Se sonvarias follas teñen que selarche cada unha delas. A copia resgardoselada no rexistro, se fas o favor, mándanola a este enderezo:“Asociación SOS Courel. Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel, 27327Lugo.”

A campaña rematará o 21 de xuño de 2007 coa entrega desinaturas ao Presidente da Xunta de Galicia, o resultado final farémolopúblico nos Medios de Comunicación
Non te olvides de reeviarlle este correo aos teus contactos

Gracias por axudarnos

Unha aperta

O Courel, 5 de maio de 2007

Asociación SOS Courel.

No hay comentarios: